As Brigantias B rematan a tempada con dúas vitorias

por Redacción Deportes

As Brigantias Roller Derby A Coruña B enfrontáronse o pasado sábado, no pavillón polideportivo de Monte Alto na Coruña, a Coruña Roller Derby Irmandiñas e a Lisboa Roller Derby Troopers.

Coruña Roller Derby Irmandiñas foron as anfitrioas deste evento. No primeiro partido se mediron con As Brigantias B, que contaban con reforzos doutros equipos galegos. Aínda así, a aliñación de ambos conxuntos era moi axustada e tamén o foi o marcador, que se decantou finalmente do lado de As Brigantias B. O segundo partido enfrontou ao equipo anfitrión co portugués, quen foi capaz de obter a vitoria. Finalmente, As Brigantias B impuxéronse tamén a Lisboa Roller Derby Troopers, a pesar de que estas as dobraban en número.

Os resultados dos partidos foron:

  • Coruña Roller Derby Irmandiñas 67 – As Brigantias Roller Derby B 69
  • Coruña Roller Derby Irmandiñas 69 – Lisboa Roller Derby Troopers 112
  • Lisboa Roller Derby Troopers 95 – As Brigantias Roller Derby B 122

Cos trunfos deste triangular, As Brigantias B finaliza os partidos da tempada.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario