O BNG urxe o MAPA a habilitar unha solución transitoria para que os buques galegos poidan seguir faenando en augas de Guinea Bissau

por Redacción Galicia

Tras ter concluído o convenio co país africano, o BNG defende habilitar un mecanismo intermedia para permitir a continuidade pesqueira até a ratificación do novo convenio

O Bloque Nacionalista Galego quere coñecer as actuacións que levou e está a levar a cabo o Goberno para dar unha solución aos 34 buques que faenan en augas de Guinea Bissau e que poidan seguir pescado até que entre en vigor o novo acordo de pesca entre a Unión Europea e este país. A senadora do BNG, Carme da Silva, demanda que a Comisión dispoña unha solución transitoria que permita que estes buques galegos poidan continuar pescando até que a Unión Europea ratifique o novo convenio.

O pasado 14 de xuño finalizaba o convenio asinado entre a Unión Europea e Guinea Bissau que permitían a buques galegos faenan en augas do país africano. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación emitiu un comunicado o pasado 17 de maio en que mostraba unha valoración positiva pola renovación do Acordo de Pesca mais, a día de hoxe, e a pesar de que existen un acordo entre as partes, a Unión Europea segue sen ratificar o novo Convenio e descoñécese cando o fará.

“É pertinente que a Comisión Europea dispoña dunha solución transitoria que permita aos buques galegos e do resto do Estado continuar pescando até que o novo acordo sexa ratificado” subliña a senadora do BNG. De facto, continúa da Silva, existe un baleiro legal mentres non se finalicen os trámites administrativos preceptivos para a posta en marcha do novo Protocolo “que impide aos barcos faenar en augas de Guinea Bissau se a Unión Europea non habilita un mecanismo intermedio para permitir a continuidade da actividade pesqueira.

Un mecanismo intermedio, explica a senadora Carme da Silva, que permita a continuidade da actividade pesqueira mentres que o Ministerio reclame á Comisión Europea para que axilice a posta en marcha do novo convenio.

Paralelamente, a organización nacionalista pregunta sobre as previsións e plans do Goberno para impulsar na Unión Europea outros acordos de Pesca con terceiros países, como Senegal ou Mauritania. “Está a negociarse con Mauritania que se poña fin á obrigatoriedade de ter que descargar o peixe en portos mauritanos e que se poida retomar o que se facía anteriormente de poder traer o peixe directamente á península?” pregunta de Carme da Silva na iniciativa rexistrada.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario