Resumo dos temas tratados nas comisións celebradas hoxe
Observamos unha falta de sensibilidade do goberno local coa cidadanía. Hoxe negáronse a revisar unha petición que presentamos para solicitar que se estude recuperar a liña que pasaba pola Avenida da Coruña cara ao cemiterio. Os argumentos de priorizar as do Hula antes que as do Campo Santo redúcense a un “para ir ao cemiterio hai tempo”.
A organización das liñas de buses non ten que ser un modelo estanco hai que adaptalas ás necesidades das veciñanza. Argumentan que non hai quilómetros para nuestra propuesta pero están vendendo novos percorridos para outros lugares.
Confirman que non arranxarán os colectores da rúa Nóreas ata rematar as obras. E diante do problema de salubridde e imaxe que proxecta a dirario o lixo que hai na contorna deste recipientes estropeados indican que valorarán aumentar a frecuencia de recollida neste punto.
Outro tema que quedou no aire foi o relativo aos problemas de convivencia que hai na contorna dun edificio do barrio do Castiñeiro pola presenza diaria de centos de pombas. A resposta é a de sempre o goberno local se escuda en que teñen contratado un plan de control pero os veciños nos trasladan que ese dispositivo non é suficiente, nin funciona.
O goberno local tampouco foi quen de concretar se van solucionar as fendas e desprazamentos de pedras do muro da porta do Parque da Milagrosa e tamén escudouse nos técnicos para indicar que non se pode mellorar a seguridade vial ao longo do paseo arborado da Avenida de Ramón Ferreiro. Non teñen gañas de buscar alternativas.
Zona rural
Nas Comisións desta mañá á solicitude dunha asociación veciñal que reclama unha copia das chaves do Local social Santa María de Bóveda para a organización de xuntanzas ou eventos. O goberno local, coma sempre, botando balóns fora xa que responden que non tiñan coñecemento desta petición. Non deron tampouco ningunha solución á reposición de ordenadores e sobre conexión de internet neste edificio.
Sobre a pista Tagarro da parroquia de Santalla de Lamas que estaba en mal estado din que xa foi arranxada pero a realidade é que segue coas mesmas fochancas, sen firme e sen cuneta.
Non dan prazos para a reparación dunha beirarrúa na Calzada das Gándaras que está destrozada dende polo menos o mes de marzo.
Por último reiteramos a petición para que se arranxe a ponte que cruza o barrio de Piñeiro e o goberno local contéstannos que foron os técnicos pero nada se fixo alí.