O PP desmonta “as mentiras do PSOE” sobre os hortos urbanos de Fontiñas

por Redacción Lugo

Carballas: “Dixeron que tiñan máis solicitudes das reais e incluso, nin flexibilizando os requisitos das bases, ocuparon as 32 hortas de Fontiñas”

O goberno local, o pasado 18 de marzo asegurou, en declaracións públicas, ter ocupadas 27 parcelas cando só tiñan 18 adxudicatarios. Para que non quedasen sen asignar as parcelas restantes recurriron: a repetir usuarios da anterior convocatoria; dárllos a persoas que non están empadroadas, incluso a cidadáns que presentaron a solicitude da documentación fóra de prazo.

A concelleira popular Mar Carballas pide sensatez e volve a insistir en que reflexionen e rectifiquen xa que “se ven que os hortos urbanos fracasan deberían reconsiderar as súas prioridades e reorientar os 776.990€ que prevén gastar nuns hortos , na contorna do Impulso Verde, noutras necesidades da cidade. A nosa proposta segue sendo a mesma: ampliar a protectora na parcela actual”.

Na adxudicación para ocupar os 32 hortos durante os próximos dous anos quedaron prácticamente a metade das parcelas libres xa que só se presentaron 18 persoas. O goberno local viuse obrigado a incorporar a 5 lucenses que foron beneficiarios da convocatoria do ano 2021, a pesar de que a idea destes hortos era que rotasen as persoas que se beneficiasen deles, e tamén se deu por válida a documentación presentada fóra de prazo por outras 6 persoas e se deu o visto bo a que unha persoa que non está no padrón de Lugo puidese optar a esta parcela de cultivo. (adxúntase decreto e condicións esixidas para obter unha parcela).

A popular concluía que “é incoherente seguir promovendo a construción de novos hortos urbanos en Lugo senon logran adxudicar a totalidade dos que hai en Paxariños” asegurando que é incomprensible que tendo 2 hortas urbanas libres o goberno local siga defendendo facer outros 74 na contorna do Edificio Impulso Verde.
A popular ve unha contradicción nas políticas do goberno local xa que “nos últimos anos o goberno local de Lugo promociona a creación de hortos urbanos como unha parte da súa política” aclarando que á vista do que está sucedendo “non hai nada menos sostible que construir novas dotacións sen ter a pleno redemento as que xa existen”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario