Xuventudes Socialistas: “Temos que comezar a falar das persoas non binarias”

por Redacción Galicia

A organización presentou hoxe a súa campaña polo Orgullo en 2024 baixo o lema «Orgullo con todas as cores», coa que pretenden visibilizar todas as realidades que existen baixo as cores e siglas do colectivo

A organización presentou hoxe a súa campaña polo Orgullo en 2024 baixo o lema “Orgullo con todas as cores”, coa que pretenden visibilizar todas as realidades que existen baixo as cores e siglas do colectivo.

Dentro do programa de actividades destacan o izado da bandeira (que se fixo ao rematar a rolda de prensa); unha lectura de manifesto co secretario xeral do PSdeG, José Ramón G. Besteiro, o próximo día, martes 25 de xuño; e unha mesa con colectivos para falar da situación das persoas non binarias.

A organización moza reivindicou o labor do PSOE como “partido impulsor e referente na materia de dereitos sociais e defensa da diversidade no país, como foi coa Lei do matrimonio igualitario, a lei de identidade de xénero de 2007, e, o apoio á lei Trans de 2023, ou a Lei Zerolo”.

“Sempre dicimos que o PSOE é ese partido capaz de transformar as ideas que outros antes soñaron, en realidades. Soños que normalmente comezaron en Xuventudes Socialistas”, sinalaron dende a organización.

Borja López, secretario LGTBI de XSG, adiantou que “queremos que España recoñeza a existencia das persoas non binarias, e para iso imos a comezar a abrir o debate interno con charlas informativas de cara os próximos procesos congresuais”. Lembran que foron as XSG, federacións pioneiras á hora de marcar reivindicacións como a Lei Trans o a oposición aos ventres de aluguer. “Temos que comezar a falar das persoas non binarias, en definitiva”.

Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, animou a Rueda que “se tanto quere distanciarse de Feijóo e da ultradereita, que comece por darlle contido ás políticas LGTBI da Xunta, e de paso, recoñecer o asasinato de Samuel Luíz e a homofobia latente no seno do seu partido”.

Dende a organización, lembran que este ano o orzamento directo en políticas LGTBI, representan o 0,004% do total do orzamento da Xunta, un total de 63 mil euros fronte os 100 mil que valeu unha fonte termal “estropeada” en Ourense, ou os 760 mil das extremaucións dos curas no Sergas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario