Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo interviñeron esta madrugada en tres operativos causados polos incendios de colectores do lixo en diferentes puntos do Concello de Carballo.
O primeiro deles foi notificado ás 05:18 horas e afectou a dous colectores na intersección entre as rúas Camelias con rúa Begoñas. O segundo, ás 05:38 horas, calcinou catro colectores na rúa Verdillo, mentres que a terceira incidencia ocasionou danos a catro colectores na rúa Fondal Ponte, nas proximidades do cemiterio de Bértoa.
Pola forma como se produciron os incendios, todo apuntan que foron intencionados. Esta situación causou alarma entre a veciñanza de Carballo. A Garda Civil está a investigar para dar cos responsables destes incendios.
Foto. Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña