O Estadio Municipal Río Seco de Narón acolle esta tarde as finais masculina e feminina da Copa Deputación da Coruña de Fútbol. A entrada será de balde para o público.
Tras as eliminitorias disputadas o pasado domingo, pola mañá disputaranse os partidos para o terceiro e cuarto posto e pola tarde as finais masculina e feminina programadas cos seguintes horarios:
FINAL FEMININA 16.30 h Victoria B CF – EFM Boiro
FINAL MASCULINA 19.00 h. San Tirso SD – SD O Val de Narón
Ás 20.45 horas, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, xunto con directivos da Federación Galega de Fútbol e representantes do Concello de Narón serán os encargados de entregar a Copa aos equipos gañadores.
A Copa Deputación da Coruña repartirá este ano un total de 28.000 euros en premios, recibindo 5.000 euros e un trofeo os campións, 4.000 euros os subcampións, 3.000 euros os terceiros clasificados e 2.000 euros os cuartos.
Os equipos gañadores das categorías masculina e feminina da Copa Deputación da Coruña conseguirán unha praza para a Supercopa Deputación, que disputarán cos gañadores das outras competicións homólogas que se xogan nas provincias de Lugo, Pontevedra e Ourense. O vencedor da Supercopa Deputación participará na fase previa da Copa do Rei de fútbol a vindeira tempada.