Os deputados populares subliñan que «a cooperación cos Concellos é unha das funcións propias da Deputación, pero o sectarismo de PSOE e BNG lévaos a cooperar só con Concellos con gobernos da súa cor política como é o caso de Viveiro ao que dirixen 350.000 euros a través dun convenio aprobado na xunta de goberno deste venres».
- O popular censura que «Tomé só axude aos seus» premiando «a mala xestión económica de alcaldes socialistas con cartos de tódolos lucenses» mentres «discriminando ao resto dos Concellos e, polo tanto, aos veciños e veciñas deses Concellos»
- Ameijide recorda varios casos que tiveron que ser «rescatados» nos últimos meses polo goberno de Tomé como Pol, Guitiriz, Taboada, Antas de Ulla ou Meira, «curiosamente todos gobernados por rexedores socialistas»
- O Grupo Provincial Popular preguntará no próximo pleno a Tomé por que non atende aos alcaldes do PP que levan anos solicitando manter reunións co presidente