• «Lamentamos que os retrasos provocados polo Concello de Lugo (tardaron 36 días en mandar un documento con catro correccións) estean privando a 120 familias de disfrutar dun servizo moi necesario»
• «Calquera concello do mundo daría facilidades para a apertura dun servizo tan necesario e tan importante para a cidade. O Concello de Lugo non puxo nin un euro para esta infraestrutura e agora están poñendo todo o seu empeño en dilatar a súa apertura»
• Parece que o goberno local do Concello de Lugo quere que a Xunta de Galicia cometa unha ilegalidade á vista das declaracións nas que afirman que a actividade da residencia pode comezar sen licenza de primeira ocupación. Ou ben non coñecen nin a normativa porque ninguén cidadán, nin moito menos a Xunta, pode comezar a ocupar dito inmoble ata que non se conte cun informe favorable
• Desde que a Fundación Amancio Ortega rematou a construción desta infraestrutura e lla entregou á Xunta de Galicia, a administración autonómica traballou para recopilar toda a documentación necesaria para a súa apertura
• O 14 de maio a Xunta de Galicia pediu oficialmente ao Concello de Lugo o permiso de primeira ocupación (indispensable para poder abrir a residencia) e foi este 20 de xuño cando a Xunta recibiu pola canle oficial un requirimento do Concello