Os municipios de Entrimo, San Amaro, A Rúa, Barbadás, e a Mancomunidade de Municipios do Ribeiro percibirán axudas para diversas obras e gastos de funcionamento. Na cooperación con entidades, destaca a achega a Cruz Vermella en Ourense para a compra do seu local en A Gudiña, tal e como se comprometera o presidente provincial, Luis Menor, o pasado 1 de decembro
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de movilizar 574.068,8 euros en axudas diversas á cooperación con municipios e con entidades de diversos ámbitos. A nivel xeral, aprobáronse as bases da convocatoria do concurso público para a concesión de subvencións a entidades deportivas e entidades sen ánimo de lucro para a organización de eventos deportivos neste ano, cun orzamento de 70.000 euros.
Á cooperación cos Concellos, a Deputación destina 22.000 euros ao Concello de Entrimo, para «Xurés Experience» (12.000 euros) e o restante para «Portas Xurés». O Concello de San Amaro percible 6.000 euros para gastos enerxéticos, mentres que ao Concello de A Rúa concédenselle 25.500 euros para reposición de céspede e cerramentos na zona de praia das piscinas municipais. Para urbanización de beirarrúa e colocación de varanda na rúa calzada romana, asígnase ao Concello de Barbadás unha achega de 70.000 euros. Para gastos de funcionamento da Mancomunidade de Concellos do Ribeiro aprobáronse 50.000 euros.
No que atinxe á cooperación con diferentes entidades para axudar cos seus gastos de funcionamento, o Club Ximnasia Pavillón recibirá 10.000 euros; o Pabellón Club de Fútbol ten asignados 33.000 euros; a Asociación por Eles TEA terá 15.000 euros; a Asociación de Persoas Xordas de Ourense obterá 25.000 euros; á Asociación de Persoas con Discapacidade destínanse 15.000 euros; tamén de 15.000 euros será a achega para o Club Hockey Barrocás; e o Club Carballiño Gri Fustal obterá 8.000 euros.
Para axudar na compra dun vehículo para a Asociación Club Recreativo As Burgas destínanse 29.568,80 euros; mentras que para a organización de probas ciclistas e do Día da Bici, a Fundación Carlos Moure obtén 12.000 euros. Para axudar nas súas actividades para este ano, a entidade Establecementos Asociados do Ribeiro percibirá 10.000 euros, mentraes que Cruz Vermella Ourense obterá dúas achegas: unha de 20.000 euros para o seu programa de actividades anual, e outra de 48.000 euros para axudar na compra do seu local en A Gudiña, cumprindo así o compromiso adquirido por parte do presidente provincial, Luis Menor, coa entidade social o pasado 1 de decembro de 2023, no que xa avanzaba que a Deputación cooperaría activamente na adquisición dunha sede física na Gudiña co obxectivo de que a entidade asistencial amplíe a súa actividade nesa parte da provincia.
Plan anual de publicacións
Ademáis, aprobouse o Plan anual de publicacións da institución provincial para este ano 2024, dotado con 90.000 euros, para a publicación de obras literarias. No que se refire aos criterios xerais para a selección e edición de obras ao longo do exercicio, distinguiuse entre obras que non son seleccionadas mediante concorrencia competitiva (obras que recollen actividades propias da Deputación, reedición de obras anteriormente publicadas pola Deputación, edición de autores ourensáns que teñan a consideración de clásicos da cultura galega, e edición de obras obxecto de premios outorgados pola Deputación).
No tocante ás obras que si corresponden a concorrencia competitiva. optouse por prever a súa selección, como en exercicios anteriores, atendendo exclusivamente a criterios de calidade das obras ofertadas, e ó seu interese para os fins de divulgación da realidade ourensá e de fomento da cultura propios do Servizo de Publicacións.
En canto á previsión de liñas de publicación concretas, neste exercicio a Deputación establece para o concurso dúas liñas ou apartados de edición: Unha liña para a edición de ao menos unha publicación referida ao estudo dos bens culturais específicos da provincia de Ourense; e unha liña xeral.