O PP propón que os convenios que se asinan coas entidades do tecido asociativo contemplen un anticipo

por Redacción Lugo

        Gustavo Díaz: «o goberno local debería ter unha maior sensibilidade  cos colectivos lucenses que cada vez apostan por proxectos máis ambiciosos, cun maior empuxe»

·        «A forma de traballar de PSOE e BNG dista moito de ser unha administración colaboradora» matizando que «lamentablemente, o crecemento e a profesionalidade das entidades non vai paralelo a un maior financiamento por parte do concello o que dificulta, e pode chegar a frear a súa actividade» 

  • O Grupo Popular presenta unha iniciativa a pleno na que se solicita que se permitan anticipos nos convenios que asinan coas entidades do tecido asociativo argumentando que “esta medida é crucial para asegurar que as asociacións poidan dispor da liquidez necesaria para levar a cabo os seus proxectos” aclaraba o edil Gustavo Díaz.
  • Dende o PP lembran que esta petición “xa a fixemos chegar ao goberno local cando presentamos as emendas aos orzamentos deste ano”.

O que se reclamaba era que se contemplase esta posibilidade nas Bases de execución dos mesmos dado que é algo que tampouco se contempla, nin na Ordenanza xeral municipal reguladora da concesión de subvencións do Concello de Lugo, nin tampouco no seu plan estratéxico.

  • O popular explica que a Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, no seu artigo 34.4, contempla a posibilidade de realizar pagamentos anticipados que suporán a entrega de fondos con carácter previo á xustificación para poder levar a cabo as actuacións inherentes aos convenios.
  • Gustavo Díaz explica que a mala planificación deste bigoberno repercute nas asociacións que «se están vendo obrigadas a soportar unha carga financeiera que lles supón esforzo  extraordinario para poder facer fronte aos gastos de funcionamento das súas entidades”
  • Outra cuestión que preocupa aos populares son “os retrasos nos ingresos das subvencións municipais que se lles conceden, e que están debidamente xustificadas».
  • Os populares agardan a que o goberno local teña en conta esta proposición e aproveitan tamén para pedir unha maior colaboración co tecido asociativo no senso de que se actualicen os importes das achegas municipais nominativas outra petición desoída que xa levamos a pleno no pasado mes de decembro.
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario