Concentración pola sanidade pública en Camariñas 

por 21 Noticias

Na concentración, o voceiro do BNG Camariñas, XURXO RODRÍGUEZ, tomou a palabra para sinalar que «necesitamos unha estabilidade e un protocolo a longo prazo para o servizo médico e de pediatría no noso municipio. Non nos cremos as falsas promesas do PP e do Sergas. Precisamos unha atención continuada no tempo e cos mesmos profesionais, aos que apoiamos». Ademais, salientou que «chegado o verán non se cobren baixas quedando un so médico para cubrir mañá e tarde, diminuíndo a calidade do servizo ao sobresaturar ao persoal médico».

No acto participou o deputado do BNG da Costa da Morte no Parlamento Galego, OSCAR INSUA, que denunciou que a participación da xente na concentración «amosa que existe un problema real co servizo médico e pediátrico que xa vén desde hai anos, e a Xunta non é capaz de darlle solución ao mesmo, demostrando unha nefasta xestión do PP». O deputado nacionalista subliñou que «a xente está farta de non ter un servizo médico axeitado e quere de unha vez por todas existan solucións a este problema».

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario