O PP pregunta cando se vai a actualizar a Relación de Postos de Traballo que Alvarellos comprometeu revisar hai 5 anos

por Redacción Lugo

A voceira popular Elena Candia recorda como o 3 de decembro de 2019 o goberno local anunciaba un acordo histórico a aprobación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Lugo.

A que hoxe é alcaldesa o presentaba como un documento vivo e asumía un compromiso persoal de que se farían as revisións e actualizacións necesarias para ter unha plantilla ben dimensionada e motivada.

A voceira popular explicaba que “pasaron 5 anos e non se fixo nada, por iso no pleno de mañá preguntaremos: Cando pensa cumprir  a alcaldesa coa palabra dada?”

Dende o PP insistimos en que “é imprescindible ter plantillas ben dimensionadas e motivadas para poder dar un bo servizo á cidadanía”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario