Ameijide considera “vergoñoso” que “Tomé prohiba o acceso aos veciños a un pleno público na Deputación de Lugo”

O portavoz popular lamenta que «o presidente e o seu goberno se neguen a escoitar aos veciños da provincia e se escondan detrás de funcionarios e gardas de seguridade»

O portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, considera “vergonzoso que o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, prohiba o acceso aos veciños a un pleno que é público” que demostra que “non quere escoitar á xente”.

Así o manifestou tras ter coñecemento de que veciños da provincia que querían escoitar o debate de dúas iniciativas no pleno da Deputación sobre a protectora de animais e plantas de Lugo e a residencia de Becerreá non puideron acceder ao interior da sede da Deputación de Lugo.

“Isto é porque o presidente puxo un cartel de aforo máximo de 26 persoas na sala habilitada para o público na parte superior do salón de plenos e porque ordenou quitar as sillas na parte de abaixo. E todo da noite para a mañá porque queren estar illados e de costas aos veciños”, indicou. Nese sentido, convídao a rectificar e actuar con coherencia “mantendo este mesmo criterio tamén cando ao pleno acudan persoas para adular ao presidente”.

Ameijide considera “vergoñento que as forzas de seguridade teñan que levantar acta de que non se pode acceder a un edificio público. E tamén que o presidente da Deputación se escude detrás de funcionarios e gardas de seguridade”.

Comparte éste artículo
No hay comentarios