Socialistas e nacionalistas rexeitan impulsar un plan para uso responsable e racional da auga potable, estudar medidas para mellorar a mobilidade no casco histórico de Lugo, ou facer anticipos nos convenios que se asinan coas asociacións que lles aporten liquidez
Conseguimos UNANIMIDADE na iniciativa que presentamos sobre a planta de Coeses para:
1º Instar ao Concello de Lugo e á Xunta de Galicia a velar polo estricto cumprimento normativo no proxecto da Planta de Xestión de Residuos orgánicos e biometanización
2º Instar as administracións competentes a estudar as alegacións presentadas e conforme a lei sexan atendidas e tidas en conta.
A pesar da pésima xestión do ciclo da auga, que mesmo recoñeceron no debate do pleno de hoxe, PSOE e BNG rexeitaron impulsar un plan para o uso responsable e racional da auga potable que inclúa o control de fugas e consumos ocultos.
É preocupante que se neguen a tomar medidas como a de reforzar a brigada de augas para reparar fugas así como efectuar un traballo preventivo
Tamén o voto de calidade da alcaldesa tumba a proposición para consensuar e presentar medidas que corrixan as decisións que o goberno local adoptou con respecto á mobilidade no casco histórico.
É sorprendente a pouca empatía e a falta de diálogo que mostran socialistas en nacionalistas para abordar as problemáticas que están a provocar as restricións de tráfico no casco histórico por mor das obras de peonalización.
e que están sustentadas en falsidades que usaron como excusas para tapar a a improvisación e falta de planificación nas obras de peonalización
Paula Alvarellos e Rubén Arroxo terán que explicar ás entidades do tecido asociativo lucense porque VOTARON EN CONTRA da proposición para que os convenios que se asinan con estas asociacións contemplen un anticipo que lles aporte liquidez.
É un sin sentido que a alcaldesa diga que é unha proposta construtiva e que lle gusta e logo sexa o seu voto de calidade o que a tumbe. Ese é o seu talante dialogante: cando rectifiquen, acertarán