O Colectivo Pensamento e Sementeira organiza a exposición «Tomorrow Night Stonewall”

por Redacción Lugo

Unha ollada á primeira manifestación do Orgullo en Galicia», en conmemoración do Día do Orgullo. A mostra está composta por trece paneis expositivos que dan conta dos precedentes, recortes de prensa, testemuños gráficos e outras fontes de información arredor da primeira manifestación do Orgullo que tivo lugar en Galicia, en Vigo no ano 1981.

A mostra pode visitarse na Sala de Exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro desde este venres, 28 de xuño, no horario de apertura do edificio (de luns a venres de 8:00 a 15:00). Permanecerá aberta ata o próximo 12 de xullo.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario