O PP critica que Tomé se negue a poñer en marcha en Monforte medidas para axudar a persoas vulnerables e para aliviar a presión fiscal

por Redacción Lugo

Katy Varela explica que o goberno local se negou a habilitar prazas de estacionamento temporal nas proximidades das farmacias para que os seus usuarios poidan ter garantido un lugar para aparcar cando van a mercar medicamentos: “Mentres outras cidades evolucionan e adoptan este tipo de medidas, semella que Tomé quere manter Monforte na era feudal”

Os concelleiros do PP de Monforte non entenden a postura de José Tomé e o seu equipo de goberno que, no último pleno, se negaron a poñer en marcha no municipio medidas para aliviar a presión fiscal que sofren os monfortinos e para axudar a persoas vulnerables.

A voceira popular, Katy Varela, explica que defendemos un rogo para habilitar prazas de estacionamento temporal nas proximidades das farmacias para que os seus usuarios teñan garantido unha praza para aparcar cando precisan ir a un destes establecementos a mercar medicamentos.

A sorpresa foi que o equipo de goberno desestimou esta petición, pero “si que lle pareceu acaído aprobar a instalación de cámaras nas rúas e zonas peonís para controlar o acceso, amosando un claro afán recadatorio” xa que “o único afán que teñen con estas cámaras e poder sancionar”

MEDIDAS PARA ALIVIAR A PRESIÓN FISCAL

Dende o Grupo Municipal Popular tamén se defenderon iniciativas para tentar rebaixar a presión fiscal que sofren os monfortinos, como as mocións para realizar unha rebaixa fiscal do Ibi na zona rural e dunha bonificación no IVTM para vehículos de máis de 25 anos.

“Lonxe de amosar boa vontade e permitir a aprobación destas mocións, o que fixo o equipo de goberno foi realizar unha aprobación inicial para subir o Icio 2 ao 3%, lamentou Katy Varela, que engadiu que “a Tomé o único que lle preocupa é recadar para poder ter fondos para a difusión da súa imaxe, unha preocupación que dista moito dos problemas reais que sofren os monfortinos, como os problemas co abastecemento de auga e o saneamento ou a parálise económica do municipio”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario