O PP advirte que a aplicación dun bando eliminará practicamente a metade das terradas de Lugo

por Redacción Lugo

Os populares tiveron coñecemento dunha resolución dun establecemento da Praza Maior ao que lle obrigan a que a terraza ocupe o mesmo ancho que a fachada do local, condicionante que condena á desaparición de máis da metade do espazo de terrazas que hai na actualidade

·        No PP recordan que cando se publicou o bando se advertiu de que se produciría esta situación, provocando a redución ou o peche dunha parte moi importante de terrazas na cidade

·        Os populares ven un novo ataque á hostalería: «ás perdas derivadas dos investimentos realizados polos empresarios no mobiliario, toldos ou cortaventos para as terrazas agora ven como diminuirá a súa facturación o ver drasticamente reducido os metros de terraza»

·        Dende o PP seguen agardando polo comprometido borrador da ordenanza de terrazas que o goberno local anunciou hai meses: «oxalá teñan a ben consensualo cos profesionais do sector e con nós para poder ter o mellor texto posible»

·        Dende o PP de Lugo piden «seriedade» ao bigoberno e «que non xogue cos hostaleiros»: «falamos dun sector ao que lle está costando moito diñeiro, sacrificio e problemas o desastre de xestión deste goberno municipal»

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario