Trátase do pleno extraordinario celebrado o pasado venres convocado polo alcalde para corrixir novamente máis erros na ordenanza das taxas de ocupación das terrazas.
Poucos días antes celebrouse un pleno ordinario no que xa se aprobora unha corrección desta ordenanza
· «Neste breve período de tempo, desde o PP de Foz detectamos outro erro a maiores o que nos motivou a solicitar que quedara o asunto enriba da mesa» explica Jorge Castiñeira
· «Isto volve a demostrar a nula capacidade de xestión e a deixadez do equipo de goberno xa que ninguén das 11 persoas que o conforman foron capaces de revisar a corrección de erros dos erros xa cometidos no seu momento», lamenta o voceiro do PP de Foz