O PP quere saber cando se vai adherir Lugo ao Sistema VioGén 

por Redacción Lugo

Enrique Rozas: «Dende o Grupo Municipal do PP queremos pedir algo máis que un minuto de silencio polas últimas vítimas da violencia de xénero»

Os populares queren saber en que situación está o expediente para sumarse ao Sistema de VioGén promovido polo goberno central no ano 2017 para a  protección das vítimas de violencia de xénero.

Hai un ano o goberno local, en resposta a preguntas do PP en comisión, dixo que tiñan o protocolo  elaborado e segundo se recolle na acta do 20 de xullo de 2023 “trasladarllo á Xunta Local de Seguridade e que en breves, en cando se conformen os gobernos se fará. Tamén é necesaria unha reunión previa Concello, Subdelegación e Policía Nacional, ademais da Policia Local e o servizo de Igualdade do Concello para ratificar ese protocolo e ese convenio. Posteriormente hai que trasladalo a UFAM de Madrid para asinar o convenio e, polo tanto, estamos no proceso de instarurar o Viogén”.

Enrique Rozas quere saber se se celebraron esas reunións ás que aludía o goberno local lamentando “a falta de implicación neste asunto e as continuas disculpas coas que se escudan”.

Unha delas é, precisamente, a da falta de efectivos ao que o vicevocerio popular replica “senon hai policías para VioGén é porque non se cubren as prazas vacantes” sublimando que  “na Relación de Postos de Traballo figuran 140 prazas para axentes indicando que na actualidade hai 117”.

Por último, os populares lembran como hai 2 acordos de pleno, de outubro de 2019 e outubro de 2020, nos que a instancias do PP a corporación de forma unánime apoiou unirse a este Sistema no que xa están dende hai anos o resto das grandes cidades de Galicia.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario