Ponteareas: «Curso de manipulación de alimentos»

por 21 Noticias

A concellería de Emprendemento do Concello de Ponteareas en colaboración coa Federación Pola Igualdade da Provincia de Pontevedra (FEMUPO) oferta un novo curso de manipulación de alimentos.

Terá lugar  o mércores 24 de xullo nas instalacións do Centro de Desenvolvemento local (CDL)en horario de mañá de 10:00 horas a 13:00 horas enmarcado no programa Corresponsables da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia apoiado polo Ministerio de Igualdade.4

As persoas interesadas deberán inscribirse no enderezo electrónico corresponsablesfemupo@gmail.com ou no número de teléfono 986 66 10 50, extensión 6002

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario