Busca un home que saltou á auga en Taboada, no río Miño, preto do encoro de Belesar

por Óscar de Souto

Ocorreu nun «clube náutico» situado en San Xián de Ínsua, en Taboada, as 19:30 horas. Duas búsquedas na zona do encoro de Belesar no mesmo día.

Foi un particular quen explicou ao 112 Galicia que un home saltara á auga desde o pantalán e que xa non o vían. No lugar había varias embarcacións e diversos bañistas, que presenciaron os feitos e que trataron de localizalo desde o primeiro momento.

No operativo, que continúa activo ás 21 horas, participan os servizos sanitarios, a Garda Civil, os Bombeiros de Chantada, o GES de Monterroso e os voluntarios de Protección Civil de Taboada, que dispoñen dunha embarcación na zona, ata onde tamén se desprazou o helicóptero medicalizado con base en Ourense mobilizado por Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario