O GMPP de Lugo di que “PSOE e BNG abusan de contratos menores sen publicidade”: preto de 1,3M€ adxudicados a dedo en 4 meses de 2024

por Redacción Lugo

A concelleira popular Mar Carballas salientou que “a improvisación e a dependencia dos contratos menores é un indicador de mala xestión, que compromete a calidade dos servizos e obras municipais xa que non se buscan as mellores ofertas a través de procesos competitivos”.

“Urxe unha xestión  transparente e equitativa” xa que “a adxudicación directa que fomentan socialistas e nacionalistas favorece unicamente o nepotismo, por non dicir a contratación de amigos”.

En catro meses de 2024 PSOE repartiron 1.264.830,56 € en 246 contratos menores sen  publicidade “un mecanismo que debería ser excepcional no Concello de Lugo é unha práctica habitual” salientando que “socialistas e nacionalistas pagaron en 2024 unha media diaria de case 10.000 € mediante esta fórmula”.

Mar Carballas denunciaba que esta forma de contratar “exclúe a moitas empresas”  engadindo que “este abuso pon en risco a transparencia e a equidade nas adxudicacións” e instou ao goberno local a  “que se planifiquen e anticipen as contratacións para evitar o abuso deste mecanismo”.

A popular sentenciaba que “vemos como empregan os contratos menores como unha rede de pago de afíns e compra de vontades”.

Os populares tamén denuncia que se seguen fraccionando contratos menores para evitar que as empresas teñan que pasar por un proceso de concorrencia competitiva, impedido os principios de igualdade de trato e non discriminación. Algo que é abusivo e pode incorrer nun delito.

Exemplos de fraccionamento de contratos para non superar o límite de 15:000€:

Arde Lucus 2024: Importe total 48.273€.

Contratación dos equipos de son para animación de rúa: 14.600€.

Contratación de estruturas, son e iluminación para a Horta do Seminario: 13.550€.

Contratación de equipos de son e iluminación e de traballos de produción para os espectáculos do Circo: 8.200€.

Contratación do montaxe e desmontaxe de estruturas auxiliares para o Arde Lucus: 11.923€.

Exemplo Muralleando, tarde e tardiña 2024: Importe total 21.322,64€.

Contratación dun servizo de produción técnica para a celebración do ciclo Muralleando: 9.421,49€.

Contratación dun servizo de produción técnica para a celebración do ciclo Tarde e Tardiña: 2.561,98€.

Contratación dun servizo de dotación de escenario e outro equipamento para a celebración dos eventos de Muralleando e Tarde e Tardiña: 8.099,17€.

Contratación das necesidades de deseño gráfico e impresión de lonas e cartelería para a actividade Muralleando: 1.240€.

Mar Carballas lembrou que no propio informe de intervención do Plan de Acción do ano 2023 xa se alertaba das “debilidades, deficiencias ou incumprimentos” en alusión ao uso de contratos menores de formar repetitiva indicando que que hai “unha excesiva utilización do contrato menor sen tramitación de procedementos de contratación que garantan o fomento dos principios de concorrencia competitiva, igualdade e non discriminación”. Lonxe de seguir as indicacións do Plan de Acción, o goberno local segue na mesma liña e coas mesmas prácticas.

Ademais, seguen incumprindo a Lei de Transparencia, xa que levan dende nai 9 meses sen publicar os contratos menores no portal. «Están obrigados a colgar os contratos menores trimestralmente e os últimos documentos publicados son de setembro do 2023″.

A media dos importes corresponde aos contratos formalizados polo goberno local entre o 2 de xaneiro ata o 28 de xuño, falta a información de 51 días que aínda non se nos facilitou polo que a cifra real supera a calculada.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario