Esta resolución do tribunal atende ao recurso interposto pola actual empresa e recrimina ao Concello erros no procedemento de contratación o que para os populares supón «unha bocanada de aire fresco para os intereses dos usuarios».
O PP pídelle novamente transparencia ao señor alcalde e ao BNG, que convoque aos voceiros dos grupos políticos e aos familiares dos usuarios da residencia para analizar a nova situación
«Os erros de Cajoto estanlle a costar caro aos veciños de Foz e, especialmente, aos usuarios da residencia» finaliza Javier Castiñeira