O Concello da Coruña destina 150.000 euros ao fomento do pequeno comercio local

por Redacción A Coruña

A alcaldesa, Inés Rey, asinou con presidente da FUCC o correspondente convenio nominativo

A alcaldesa, Inés Rey, e o presidente da Federación Unión de Comercios Coruñesa (FUCC), José Luís Boado López, asinaron esta mañá un novo convenio de colaboración entre o Concello e a entidade. O acordo, previsto no Orzamento Municipal do 2024, conta cunha achega total de 150.000 euros.

Grazas a esta subvención nominal a FUCC poderá continuar desenvolvendo a súa actividade de dinamización comercial e de promoción das asociacións comerciais da cidade. “Desde o meu Goberno municipal vemos prioritario que se leven a cabo actuación que sirvan para fomentar o pequeno comercio e o consumo de proximidade, tal e como promove a FUCC”, sinalou a alcaldesa. A rexedora indicou que mediante esta axuda o Concello promove o “impulso da economía local e a xeración de emprego na cidade”.

Entre as cuestións que serán financiadas con este convenio municipal está o propio funcionamento da FUCC, así como o apoio ao desenvolvemento de actividades de dinamización comercial ao longo do ano nos diferentes barrios onde se atopan as asociacións de comerciantes da Coruña.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario