México é un dos tres países máis perigosos para ser xornalista, segundo a organización Reporteiros sen Fronteiras. Neste conversatorio compartiranse experiencias de primeira man sobre o exercicio do xornalismo independente en México, abordando os riscos, pero tamén a construción de redes de acompañamento e resistencia para poder seguir investigando e denunciando. En consecuencia e ante a necesidade de expoñer un discurso non oficial, xeráronse espazos formativos e medios de difusión en comunidades vinculadas a procesos organizativos: radios, xornais, blogs, produtoras de documentais e outros.
Poñente: Cristian Leyva ( IG: @cristianleyvafoto )
Fotoxornalista independente e promotor cultural do pobo Nahua do estado de Guerrero, México con 10 anos de experiencia. A súa labor enfócase principalmente na cobertura de temas relacionados cos pobos orixinarios, cuestións sociais como a migración ou a desaparición forzada e procesos comunitarios de seguridade e xustiza. As súas fotografías foron difundidas por diversos medios e axencias como: National Geographic, NurPhoto Agency, Zuma Pres, Pacific Press Agency, Getty Images, Europa Press, The Guardian, New York Times, The Times, Forbes, The Wall Street Journal, DW News, Telesur, Agencia Autónoma de Comunicación Subversiones, Somos el Medio, Revista Contralinea, etc.
En 2020 fue beneficiario do apoio do National Geographic COVID-19 Emergency Fund for Journalists e finalista no concurso de fotografía «Documentando el Impacto del Covid-19 a través de la Fotografía: Aislamiento Colectivo en América Latina» de «ReVista: the Harvard Review of Latin America» de Harvard University United States.
Membro do Centro de Investigación en Comunicación Comunitaria A.C. , Fundador do Colectivo ITSTOK, un espazo de difusión colectiva da cultura dos pobos orixinarios de México, forka parte de Indigenous Photograph, unha rede de fotógrafxs indíxenas de todo o mundo e actualmente colabora coas axencias NurPhoto Agency, Zuma Press e Pacific Press Agency.
Luns 8 de xullo ás 20:30
Centro Social Autoxestionado A Hedreira
Rúa Catasol, 17 (baixo)
Lugo