Tras coñecerse que o PSOE e o BNG veñen de contratar un Estudo Financeiro Económico, a través dun contrato menor de 15.000 €, para xustificar un incremento dos recibos municipais.
«Parécenos incrible que, a estas alturas e logo de 25 anos gobernando, non coñezan os números que teñen entre mans e que se vexan obrigados a externalizar a elaboración deste estudo» reflexionando que «que con este panorama é imposible que poidan xestionar os servizos públicos»
· Tamén sorprendente a pouca consideración que socialistas e nacionalistas teñen co persoal municipal e, asemesmo chámanos a atención a desconfianza de PSOE e BNG cos servizos públicos dado que o estudo Económico financiero que externalizaron podería elaborarse con recursos propios
· Para os populares resulta preocupante que, unha vez máis, sexan as empresas privadas as que tomen decisións trascendentais na cidade «agora tócalle á suba de impostos pero, tamén, fixeron o mesmo coa mobilidade do centro, unha asignatura pendente que xustifican cun informe a dedo a unha consultora