Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron alertados minutos antes des 00:00 horas de hoxe dun incendio nunhn vivenda da rúa Miguel Rodríguez Bautista, no casco urbano do concello ribeirense.
O lume xa fora extinguido polo inquilino do domicilio polo que o operativo estivo destinado a ventilación e á comprobación das medidas de seguridade.
Participaron tamén a Policía Local e a Policía Nacional.
Foto. Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña