Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ordes foron alertados polo 112 Galicia pasadas as 13:00 horas deste mediodía dun accidente de tráfico acontecido na AP-9, á altura do punto quilométrico 22, ao paso da autovía polo concello de Abegondo.
A incidencia foi provocada por unha furgoneta que envorcou mentres circulaba en dirección á Coruña, producindo unha vertedura de combustible sobre a vía. O ocupante do turismo resultou ferido e non quedou atrapado no interior.
Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña