Katy Varela cualifica de “perdido” este ano de José Tomé a fronte do Concello de Monforte ao non atopar solucións aos problemas do abastecemento e saneamento

por Redacción Lugo

Os populares realizan un balance do primeiro ano de José Tomé a fronte do concello monfortino tralas eleccións municipais de 2023

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte realizaron un balance do primeiro ano de José Tomé a fronte do concello monfortino tralas eleccións municipais de 2023, 12 meses “perdidos” nos que o rexedor “foi incapaz de atopar solucións aos problemas do abastecemento de auga potable e do saneamento”.

A voceira popular, Katy Varela, afeou a Tomé que neste ano “unicamente se centrou na promoción da súa imaxe” xa que os únicos proxectos que desenvolveu resúmense nunha frase: “botar asfalto sobre asfalto”.

“Durante estes 12 meses puidemos ver como practicamente cada semana en Monforte houbo problemas e cortes no abastecemento de auga potable e na zona rural tamén son numerosas as parroquias que carecen deste servizo fundamental”, denunciou.

Porque a realidade é que José Tomé centrou a súa acción de goberno en “poñer asfalto novo sobre asfalto en bo estado”. “Xa o dixemos en numerosas ocasións, asfaltar as rúas é necesario, como tamén o é unha boa planificación e cando se actúa nunha rúa o correcto é renovar as súas tubaxes e logo asfaltar”, recordou.

Katy Varela afirmou que dado que José Tomé e o seu equipo de goberno non conseguiron desatascar ningún dos problemas de Monforte nin facer que o municipio medrase “podemos cualificalos como un alcalde e un goberno ausentes”.

ACCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL POPULAR

Durante este primeiro ano de mandato, os concelleiros populares defenderon XX iniciativas, divididas en:

  • Mocións:
  • Rogos:
  • Preguntas:

Neste senso, os populares cualificaron o seu traballo como “un ano de oposición construtiva, humilde, cercana á cidadanía e ilusionante”, acción na que dividiron as súas propostas en sete bloques de traballo:

  1. Un concello comunicativo e transparente para toda a cidadanía

Con iniciativas centradas na mellora da comunicación e da transparencia do Concello xa que o equipo de goberno unicamente promociona a imaxe do alcalde e oculta a información que vai en contra da acción de goberno, como as sentencias xudiciais contra o concello.

  • Benestar social, igualdade e inclusión para todas as idades e colectivos

Mocións para que o Goberno central cumprise coa Lei de Dependencia ou alegacións ao regulamento da escola infantil municipal.

  • Medio ambiente, sostibilidade e limpeza en continuo coidado

Iniciativas para que o Concello de Monforte cumprise coa Lei de Benestar Animal ou para acadar bonificacións fiscais para entidades que traballan en favor da sociedade, como a inclusión na ordenanza da auga de Residencias e centros da 3ª idade e discapacidade como usos especiais do consumo.

  • Economía, comercio local, empresas e rural apoiados e potenciados

Mocións para acadar bonificacións no IVTM ou no IBI, ademais de apoiar a permanencia da sede central do Craega en Monforte.

  • Turismo, cultura e educación promocionados e dixitalizados

Iniciativas para a mellora da xestión do turismo ou para a modernización da Casa da Cultura.

  • Urbanismo, mobilidade e redes modernizadas en todos os lugares

A acción dos concelleiros do PP centrouse neste eido en mellorar a sguridade viaria e para mellorar a imaxe do municipio, actuando nos edificios en ruina, por exemplo.

  • Zonas deportivas e de descanso ampliadas e renovadas

Os edís do PP defenderon, entre outras iniciativas, unha zona de baño en Ribasaltas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario