O BNG do Páramo denuncia a falta de persoal facultativo no centro de saúde

«A veciñanza de O Páramo estamos fartas de non saber cando imos ter médicos no centro de saúde» denuncia Marta Porteiro

Marta Portero «a falta habitual de persoal facultativo deixa á poboación sen asistencia médica inmediata no centro de saúde de O Páramo.

«A veciñanza de O Páramo estamos fartas», denuncia a nacionalista «fartas de que nos quiten servizos e fartas de non saber nunca se imos ter facultativos que nos atendan». O Páramo ten unha poboación de 1300 habitantes, unha poboación moi envellecida que precisa de atención médica continua e que nunca sabe o que se vai atopar no seu centro de saúde entre baixas médicas e vacacións o centro de saúde queda sen facultativos.

Durante o día de onte, 26 de decembro, non tivemos facultativo no centro de saúde, hoxe día 27 non habera ningún, e o venres pasaran consultas 2 médicos solapados durante 4 horas, mentres o resto da mañá o Centro de Saúde e o Concello quedan sen ningún. Que tipo de atención médica temos no Páramo con esta situación? Pregúntase Marta Portero. A seguinte semana vai ser unha situación igual, «a isto temos que engadirlle que non hai cita para receitas ata xaneiro, o que eso conleva para os pacientes, sobre todo aqueles doentes pluripatolóxicos que contan con medicación crónica da que non poden prescindir». Con esta situación o único que lles queda aos doentes e asistir a consultas de urxencias causándolles un claro prexuízo persoal e económico e correndo o risco de saturación deste servizo.

Seguimos agardando ese acordo que o Sr. Alcalde saíu vendendo de que se ía ter médico no Paramo todos os días, o único que nos demostra é a falta de respecto que a Xunta de Galiza ten pola veciñanza de O Páramo.

«A atención primaria é a columna vertebral da sanidade pública, e non podemos deixar que nos sigan a recortar este servizo «co cal seguiremos a loitar para que entre todos nos restablezan o servizo que debemos ter en O Páramo» concluíu Marta Porteiro.

Comparte éste artículo
No hay comentarios