Demetrio Salgueiro e José Ángel Santos, vicevoceiro primeiro e segundo, respectivamente, do Grupo Provincial Popular

por 21 Noticias

Na reunión do Grupo Popular que tivo lugar hoxe na Mariña lucense, o Grupo do PP anunciou os deputados que ocuparán novas funcións trala saída de Carmen José López que, ata agora, realizaba as funcións de vicevoceira primeira

  • Ameijide deu a coñecer esta reorganización trala reunión de grupo que tivo lugar na Mariña occidental, dentro das reunións do grupo provincial que van rotando por toda a provincia dende que comezou o presente mandato para poñer en valor “todas as riquezas e potencialidades de Lugo”
  • Antonio Ameijide explica que este novo reparto “é froito do consenso” ao que se chegou entre todos os deputados do Grupo: “consideramos que son as persoas idóneas para asumir estas funcións dado o seu amplo coñecemento da xestión municipal, do funcionamento da Deputación e da provincia”
  • Nesta xuntanza, os deputados populares tamén acordaron a nova organización dos membros do Grupo Provincial Popular que terán presenza nas comisións da Deputación ou nos diferentes órganos de representación, entre outros
  • A reunión do Grupo provincial na Mariña occidental serviu tamén como encontro con alcaldes e voceiros do PP nesta zona, para tratar puntos en común, e poñer de acordo a estratexia de traballo do grupo provincial nesta zona da Mariña lucense.
  • Ameijide: “precisamente o motivo de descentralizar as reunións do Grupo de xeito habitual pola provincia é reforzar os vínculos de unión e apoio entre compañeiros de partido e coñecer de primeira man e en persoa os problemas da provincia todos os deputados do GPP”
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario