O concelleiro do PP de Monforte, Víctor Manuel Rodríguez López, renuncia á acta por motivos persoais

O PP de Monforte, emitiu un comunicado onde en primeiro lugar, «queremos agradecer todo o traballo realizado durante estes meses polo este compañeiro en prol da mellora de Monforte e da calidade de vida dos seus veciños».

Como non pode ser doutro xeito, queremos poñer en valor a enorme xenerosidade amosada por Víctor Manuel Rodríguez López trala súa renuncia ante as dificultades para poder exercer as labores de concelleiro como considera que merece o cargo, deixando patente que o máis importante é a defensa do noso municipio, as súas parroquias e os seus veciños.

Deste xeito, a súa renuncia será oficial no pleno ordinario do mes de marzo.

No seu lugar tomará posesión o seguinte integrante da lista electoral, Emilio Iván Vázquez Rodríguez.

Comparte éste artículo
No hay comentarios