A árbitra Nerea Vila, participará como xuíza internacional nos campionatos de Europa de Loita Praia do 17 ó 22 de Xullo en Timisoara (Rumanía).
Nerea Vila, tivo unha exitosa carreira como deportista e agora, é unha das xuíces con maior proxeccción internacional da Federación Galega de Loita. Estivo becada como deportista no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e foi a primeira deportista Galega en ser convocada para unha cita continental cando era U17. Toda unha referente dentro e fora do tapiz.
A xuíza internacional arbitrará o Europeo U17 e U20 de Loita Praia, onde a Galega Nadia Zholtikova, NON poderá participar polos problemas de desprazamento dentro de Ukraina.
Nadia Zoltikova, está de vacacións estiváis no seu país de orixe, Ucraina, e non poderá asistir a cita continental polos problemas derivados do transporte por mor da situación do conflicto bélico.