O concelleiro popular Emilio Iván Vázquez explica que «é fundamental» garantir o correcto mantemento e o desbroce destes camiños xa que son, en moitos casos, «a única vía de comunicación» coa que contan pequenos núcleos de poboación.
A voceira popular Katy Varela, ve necesario aumentar os fondos destinados a este fin xa que no ano 2024 o goberno de José Tomé unicamente destina o 0,5% do orzamento municipal á limpeza de camiños: 72.000€ dun total de máis de 16M€