O deputado lucense, Francisco Conde, elixido presidente da Comisión Mixta para a Unión Europea

O monfortino dirixirá este órgano, que será o encargado de facer seguimento da actividade lexislativa e outras actuacións da UE, como poden ser os fondos Next Generation

  • Asume a nova responsabilidade «co compromiso e o rigor que esixe», pois, di, «o desenvolvemento deste fondos, así como o seu reparto ás Comunidades, é crucial para o desenvolvemento dos territorios dende o punto de vista da recuperación económica e a sostibilidade»
  • O monfortino estrearase mañá no Pleno do Congreso cun tema de grande interese para a provincia como é se o Goberno está disposto a manter os compromisos asumidos para garantir que Altri se asente en Palas de Rei
Comparte éste artículo
No hay comentarios