O PP ve unha nova improvisación e unha alarmante falta de xestión na regularización das terrazas

por Redacción Lugo

Os populares denuncian que «estanse a tomar decisións sen ningún criterio afectando a  terrazas no centro de Lugo que poderíanse manter ou reubicar en zonas peonís, garantindo así o mantemento de emprego e a supervivencia de locais de hostalería». A xestión dos espazos debe facerse con equilibrio e acerto, de maneira que se poida convivir e xerar dinamismo económico.

A falta de claridade provoca interpretacións do bando distintas, correndo o risco de xerar desigualdades. «Algúns hosteleiros trasladáronnos que a mesma situación provoca ordes contraditorias ata o punto de dar unha instrución á mañá e pola tarde a contraria» sinalan dende o grupo municipal.

Una cidade como Lugo que ten 3 patrimonios da Humanidade e que o seu casco histórico aspira a ser tamén Patrimonio da Humanidade merece poder ofrecer tanto aos veciños como ás persoas que visitan a cidade un servizo hostaleiro á altura que permita disfrutar tamén dos espazos peonís.

 O concelleiro Antonio Ameijide reclama á alcaldesa «un bando aclaratorio para dar certezas e certidume á hostalería lucense» matizando que «non podemos xogar coa subxectividade de quen informa nas terrazas cun  bando que é totalmente inconcreto»

A falta de regulación por parte do goberno perxudica a un sector que xa sufriu en primeira persoa perdas económicas na época da pandemia e que agora ven como boa parte do investimento que fixeron no mobiliario, toldos ou cortaventos para as terrazas pode perderse.

Dende o PP advirten que esta situación daña a imaxe da cidade «a retirada de terrazas do casco histórico en plena campaña de verán que é cando a xente disfruta das rúas e dos espazos ao aire libre restan vida ao centro».

Son moitos os compromisos incumpridos polo goberno de maneira reiterada e manténdose de maneira inaceptable durante moito tempo. Os populares recordan «as cantidades que lles prometeron devolver e que non o fixeron ou a prometida ordenanza da que levan dicindo que hai un borrador pero que non avanza son algúns exemplos».

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario