Carballo
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo acudiron pasadas ás 02:30 a sufocar un incendio nuns colectores de lixo situado no lugar de A Brea, xunto o cemiterio vello, na Parroquia e Concello de Carballo.
No lugar ardían dous colectores de lixo orgánicos e ó lixo acumulado o seu carón. Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo procederon a extinguir os restos de lixo afectados polo lume e a refrixerar toda a zoa.
Na intervención participou tamén unha patrulla da Policía Local de Carballo.
Rianxo
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro acudiron ás 7:30 á Rianxo por mor dun incendio nun colector de lixo no lugar de Ourolo, fronte o Bar Confort en Taragoña.
Á chegada dos efectivos a Policía Local de Rianxo xa tiña o lume case extinguido ao rocialo cun extintor de po. Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro procederon a rematar de apagar o lume con auga.
Foto. Dotación de bombeiros do Boiro actuando, esta mañá, nun incendio de colector de lixo en Ourolo no Concello de Rianxo.