Inés Rey presidiu esta mañá a primeira Comisión de Seguimento da emerxencia sanitaria

por 21 Noticias

Formada ante o conflicto no servizo de recollida de lixo. A rexedora estivo acompañada pola concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, ademais de técnicos municipais das diferentes áreas.

Esta comisión ten por obxectivo coordinar a emerxencia sanitaria declarada no día de onte así como analizar o estado actual da recollida de lixo na cidade e o seguimento dos actos vandálicos que se están a producir. A Comisión de Seguimento reunirase diariamente e dará conta dos avances que se produzan.

Incidencias

Na pasada noite, houbo tres incendios en colectores nas rúas Mosteiro de Sobrado, Mariana Pineda e Eugenio Carré Aldao. Nos tres casos o lume afectou a vehículos que se atopaban nas proximidades. A Policía Local identificou a dous sospeitosos en relación á queima de colectores, que foron postos a disposición da Policía Nacional, responsable da investigación. Segundo os últimos recontos, arredor de 125 contedores foron queimados nas últimas semanas, cun custo total aproximado de 375.000 euros.

Proceso de contratación da empresa

Continúa aberto o prazo, ata as 10.00 horas do 24 de xullo, para que as empresas interesadas en prestar o servizo de recollida, nos puntos de insalubridade identificados polo Concello, presenten as súas ofertas. Unha vez pechado o prazo, o Concello valorará as diferentes propostas para levar a cabo o encargo co obxectivo de que poda empezar a recollida o antes posible.

Porcentaxes de recollida por zonas da pasada noite

  • Monte Alto: 10%
  • Cidade Vella: 30%
  • Pescaría: 100%
  • Os Rosales – Labañou: 20%
  • Riazor: 15%
  • Ventorrillo – Agra do Orzán: 25%
  • Sagrada Familia: 15%
  • Sardiñeira – Elviña: 15%
  • Os Mallos: 35%
  • O Castrillón: 10%
  • Os Castros: 10%
  • Matogrande – Eirís: 15%
  • Mesoiro – Feáns – Valaire: 20%
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario