Sufocado o incendio no interior dun alpendre no núcleo de Calo, no Concello de Teo

por Óscar de Souto

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro participaron esta noite  no operativo para sufocar un incendio no lugar de Mazas, no núcleo de Calo, no Concello de Teo. Ardeu unha gran cantidade de obxectos nun alpendre, entre os que se incluía unha gran cantidade de leña.

Ademais do SPEIS de Boiro, participaron o GES de Brión e a Policía Local e Protección Civil de Carballo.

Foto. Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario