A riqueza paisaxística de Monforte atrae cada ano a milleiros de turistas desexosos de admirar a beleza natural do municipio e da Ribeira Sacra.
Unha beleza que debe ser admirada desde os miradoiros habilitados para tal fin pero que, no caso de Monforte, non están “correctamente conservados”.
A voceira do PP de Monforte, Katy Varela, pon como exemplo o Mirador do Duque, unha magnífica infraestrutura renovada no 2019, grazas á colaboración entre o Concello e a Xunta, converténdoo nun referente na Ribeira Sacra e nun dos puntos turísticos máis importantes para o municipio.
Pero, pese a súa importancia, “non existe unha limpeza axeitada desta infraestrutura, ademais de carecer de elementos esenciais como bancos, que quizá desaparecesen por vandalismo, e non foron repostos”.
“Un dos puntos turísticos máis importantes de toda a Ribeira Sacra debería de estar en perfecto estado de revista pero, como sucede con todo en Monforte, o mantemento de instalacións municipais queda para outra ocasión”
Un éxito, o de estas infraestruturas, que debería facer pensar ao goberno local a “apostar por contar con máis elementos coma este”. “Monforte é un municipio cunha riqueza paisaxística suficiente como para que se traballe na creación doutro miradoiro para que todos os turistas que chegan ao municipio poidan admirar a beleza natural dende diferentes puntos”, explicou.