Na Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña deste mércores se aprobou a concesión de licenza para recuperar o esqueleto urbanístico situado no n.º 50 da rúa Emilio González López, no barrio dos Rosales
Cómpre lembrar que, como paso previo a isto, a inicios de 2023, o Concello aprobou definitivamente no pleno municipal o estudo de detalle para a ordenación desta estrutura, un trámite necesario antes da concesión da licenza que hoxe recibiu luz verde e que permitirá rematar a edificación. “Falamos do último esqueleto urbanístico existente no distrito, cuxa construción quedou paralizada hai máis dunha década”, destacou posteriormente en rolda de prensa o voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage.
Coa redefinición do volume edificable no soar en cuestión, adaptando a infraestrutura ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) vixente, o Concello dá resposta a unha demanda veciñal do barrio dos Rosales desde hai unha década.