Venres 26 de xullo. Comisión de Seguimento da emerxencia sanitaria

por Redacción A Coruña

A Coruña, 26 de xullo de 2024.- A Comisión de Seguimiento da emerxencia sanitaria composta pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, a concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, a concelleira de Seguridade Cidadá e Interior, Montserrat Paz, e o concelleiro de Economía e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, ademais de técnicos municipais das diferentes áreas, fixo seguimento esta mañá do estado actual da recollida de lixo, dos actos vandálicos que se están a producir e do funcionamento da empresa de emerxencia contratada para reforzar a recollida do lixo, que encara hoxe a súa segunda xornada de traballos.

Seguimento da xornada de folga convocada onte

Onte estaba convocada unha nova xornada de folga no servizo de recollida de lixo. Segundo a concesionaria, ningún traballador secundou a folga. Malia todo, as porcentaxes recollidas polos operarios da concesionaria foron, un día máis, moi baixas.

Evolución da recollida polo servizo de emerxencia

Na súa primeira xornada a pé de rúa, a empresa de emerxencia que reforza a recollida de residuos na cidade, Valoriza, recolliu un total de 55 toneladas de lixo, sen incidencias.

Hoxe, os cinco equipos de Valoriza continuarán o traballo seguindo as rutas establecidas, atendendo aos distritos e puntos da cidade onde hai un volume máis marcado de lixo acumulado.

Balance de incidencias no turno de noite

No pasado turno de noite rexistráronse un total de sete incidencias asociadas á queima de contenedores ou lixo acumulado na rúa.

No tocante aos contenedores afectados, o servizo municipal de Bombeiros notificou intervencións ás 20.30 horas na rúa Xirasois, por un colector queimado que afectou a un vehículo; ás 00.31, na rúa Maravillas, nun contenedor de lixo; ás 03.05 horas, no cruzamento da rúa Pablo Picasso con

Luis Mosquera, con tres colectores incendiados; e ás 07.41 na rúa Burdeos, onde resultaron afectados dous contenedores en superficie.

Ademais, onte ás 20.41 horas tamén se rexistrou un incendio en residuos acumulados na avenida Salvador de Madariaga, á altura do campo de fútbol Víctor Fernández Alonso; e, xa de madrugada, outros dous incendios por lixo acumulado na rúa á altura do número 22 do Grupo de Vivendas María Pita (03.29 horas) e a rúa Bugallal Marchesi (07.41 horas).

Porcentaxes de recollida da empresa adxudicataria da pasada noite, por zonas

Así foi, na pasada madrugada, o balance de recollida de lixo por parte da empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo, Prezero.

Monte Alto: 10%

Cidade Vella: 15%

Pescaría – Centro: 100%

Os Rosales – Labañou: 5%

Estadio: 35%

Ventorrillo – Agra do Orzán: 40%

Sagrada Familia: 10%

A Sardiñeira – Elviña: 10%

Os Mallos: 50%

O Castrillón: 10%

Os Castros: 10%

Matogrande – Eirís: 20%

Mesoiro – Feáns – Valaire: 30%

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario