Vandalismo en Burela. Queiman o monumento elaborado co castiñeiro centenario no Camiño de Cinoche

por Óscar de Souto

A obra instalada a principios de xullo no Camiño de Cinoche, en Burela, elaborada co castiñeiro centenario danado polo temporal Karlotta, amenceu totalmente calcinada despois de que un ou varios individuos prendésenlle lume de madrugada.

«Amencimos con esta desfeita. E puido ser moito peor porque puido provocarse un incendio con vivendas preto», apuntou a Policía Local de Burela á primeira hora deste mércores nunha publicación en redes sociais.

O castiñeiro foi transformado un lugar de descanso grazas ao traballo do artista Carlos García, que traballa coa súa parella Mariña Goti.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario