A voceira popular, Elena Candia, explicou que hai orzamento para construir esta infraestrutura e hai un compromiso da alcaldesa, do pasado mes de febreiro no que elixía como ubicación para construír esta infraestrutura a zona norte (Alvarellos aseguraba que «agora xa non hai volta atrás» comprometéndose a ceder unha parcela de 2.117 metros cadrados na confluencia da rúa Orquídea con Aquilino Iglesias Alvariño)
· A popular desvelou que Concello e Goberno central discutense un decreto de alcaldía é suficiente para garantir a cesión das parcelas necesarias ou, polo contrario, se precisa un acordo de pleno, de aí que hoxe puxesen sobre a mesa a petición de pedir unha sesión extraordinario
· Elena Candia, explicou que o Partido Popular asumiu o compromiso de liderar o impulso desta dotación lembrando as diferentes iniciativas que se presentaron de xeito coordinado tanto no Congreso, no Senado así como no pleno do concello de Lugo.
· Foi precisamente o pasado venres á unha pregunta do PP no pleno municipal sobre o retraso na entrega das parcelas para facer esta infraestrutura se nos contesta de forma literal que «la tramitación del expediente sigue su curso tal cual estaba previsto para poder materializar y se elevará al pleno cuando corresponda»«