En 1637, baixo o reinado de Felipe IV, España foi o primeiro país do mundo en crear papeis selados con timbre oficial para os documentos públicos e privados.
O “Documento do mes” do Arquivo da Deputación da Coruña dedícase a repasar a historia do papel selado, que durante séculos vense utilizando nas escrituras, contratos e documentos públicos e privados de todo o mundo e que foi utilizado por primeira vez en España en 1637, durante o reinado de Felipe IV, co obxecto de autentificar edar maior seguridade xurídica aos documentos, ademáis de contribuir árecadación de impostos.
O documento permite apreciar cómo eran os primeiros selos e timbres oficiais utilizados por Felipe IV durante século XVII, que se conservan no Arquivo da Deutación, así como os utilizados durante os reinados posteriores de Felipe V, Fernando VI, Carlos III, Carlos IV, Fernando VII e Isabel II, mostrando a evolución e os cambios iconográficos ao longo dos séculos.
Segundo afirma o historiador Romero Tallafigo e se recolle no documento, estes cambios iconográficos ao longo do tempo non son incocentes, xa que brasóns, alegorías e bustos transmiten unha mensaxe política e os signos adáptanse ao transcurso da historia: do absolutismo ao constitucionalismo, da monarquía á república, da ditadura á democracia. Tanto a complexa heráldica do Antigo Réxime como as sinxelas alegorías do Novo son estratexias de comunicación simbólica da autoridade.
Nos séculos XVII e XVIII, as armas reais son a imaxe predominante no papel selado, xunto coa clase, prezo e ano de uso legal. Ao principio, desde 1636 ata 1701, na época dos últimos Asturias, o Rey personifícase coas armas dos seus territorios, rodeadas de orlas decorativas.
A partir de 1702, cos Borbóns, ponse fin á heteroxeneidade das formas das orlas. O modelo imposto por Felipe V perdura ata o Trienio Constitucional. Unifícase a parte gráfica do selo, en forma circular, igual que as moedas e adquire forza o poder absoluto do Rey.
Ata o século XIX, as armas son o elemento con maior impacto visual nos selos oficiais e a parte textual iníciase cunha cruz grega de distintos tipos. O selo cambia todos os anos para evitar falsificacións.
A novidade do 1822, coa aparición das primeiras actas da novas deputacións provinciais, é que o emblema heráldico ocupa o lugar central predominante na composición do selo e desaparece a cruz do encabezado. A lenda en latín adopta o castelán a partir de 1835.
A partir de 1843, a imaxe alegórica adquire maior carga visual que o emblema heráldico e as armas reais pasan a un segundo plano. Ábrese paso o selo redondo de Isabel II, popular polo seu singular deseño e a súa simplificación estética e timbrográfica, que o convirten nun dos máis característicos da timbroloxía española do século XIX.
En homenaxe á nova raíña adquiren todo o protagonismo visual unha gran variedade formal e cromática de alegorías e divindades da mitoloxía grega e romana (Ceres, Atenea…) que encarnan as novas ideoloxías. A partir de 1854 abándonase a impresión en negro e comeza unha etapa colorista.
Os cambios de réxime, do absolutista ao constitucional, tamén teñen o seu impacto nas gráficas do papel selado. Así, cano Fernando VII pon fin ao Trienio Liberal desparece dos selos a palabra “Constitución” e cando Isabel II é destronada sobre o busto da raíña estámpase o selo “Habilitado por la Nación”.
O Documento do Mes permite coñecer en detalle todos estes cambios no papel selado ao longo da historia, así como apreciar algúns dos selos e timbres oficiais máis icónicos en documentos oficiais que se conservan no Arquivo da Deputación da Coruña.