O Concello da Coruña habilitará puntos violeta durante as Noites de María Pita

por Redacción A Coruña

Os dispositivos estarán operativos os días 3, 5 e 12 de agosto no Obelisco, coincidindo co ciclo de concertos das Noites de María Pita, e os días 9 e 10 de agosto na praza de Pontevedra, cando terán lugar as actuacións en Riazor

Co inicio das Festas de María Pita 2024, o Concello xa está a traballar nos preparativos para a posta en marcha dos puntos violeta que se habilitarán no Obelisco e a praza da Pontevedra nos vindeiros días, unha medida coa que o Goberno de Inés Rey busca reforzar o dispositivo de seguridade e prevención con vistas aos vindeiros eventos na cidade, asesorando e atendendo a cidadanía ante posibles condutas de violencia sexual durante estas datas de celebracións na Coruña.

O punto violeta do Obelisco habilitarase por primeira vez este sábado 3 e terá continuidade os luns 5 e 12 de agosto, coincidindo co ciclo de concertos das Noites de María Pita. O dispositivo, que estará operativo de 22.00 a 02.00 horas, contará cun posto aberto e outro pechado, atendidos por dous profesionais expertos na prevención da violencia de xénero. Ademais, outros catro profesionais percorrerán as rúas do centro e a praza de María Pita para ofrecer información co obxectivo de sensibilizar a cidadanía.

Ademais, os puntos violeta serán espazos seguros para denunciar calquera situación de violencia sexual que poida producirse durante as festas.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario