Esta moción foi respaldada por máis de 200 sinaturas recollidas nas parroquias de influencia deste consultorio.
O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei presentou unha moción para instar á Xunta de Galicia á reapertura do consultorio de Castro de Rei, esta moción foi aprobada por unanimidade. A pesar desta unanimidade, o alcalde de Castro de Rei non fixo ningunha xestión ante a Xunta de Galicia e a veciñanza voltou saír nunha concentración ante o consultorio o pasado domingo día 28 de xullo.
Esta moción foi acompañada por máis de 200 sinaturas recollidas nas parroquias afectadas, veciñanza que estiveron presentes na concentración que o Bng convocou diante do consultorio de Castro de Rei.
Tanto na moción como na concentración do pasado domingo segue a instarse á Xunta de Galicia á reapertura do consultorio de Castro de Rei así como o compromiso de mantemento asistencial completo tanto no verán como no resto do ano.
“A Xunta de Galicia ten a competencia en materia de sanidade e leva anos desmantelándonos os centros de saúde do concello de Castro de Rei coa complicidade do Sr. Alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado que no pleno vota unha cousa e despois ante a Xunta de Galicia baixa a cabeza” explica Olga García.
Neste senso, a concelleira subliñou “é intolerábel que as veciñas e veciños deste concello non contemos con servizos sanitarios dignos, e sobre todo as doentes deste centro médico de Castro de Rei que vemos como nos pechan o consultorio dende o 15 de xuño ata o 15 de setembro” e incidiu “o peche deste consultorio é unha decisión política, decisión da cal o gobernomunicipal é cómplice” pois non se esta tendo en conta que a veciñanza de Castro de Rei ten que desprazarse 20 km ata o centro de Castro de Ribeiras de Lea o cal tamén esta con servizos baixo mínimos”.