Arroxo: «Para construír unha mobilidade alternativa é necesario tamén facilitar ao máximo o a accesibilidade ás persoas con problemas demobilidade, traballo que desde a Tenencia de Alcaldía realizamos entodas as actuacións».
O Tenente Alcalde do Concello de Lugo,Rubén Arroxo, mantivo unha xuntanza xunto con integrantes de COGAMI para analizar as necesidades da cidade en canto a accesibilidade. Arroxo destacou que «nos últimos anos, desde as áreas da Tenencia de Alcaldía traballamos para construír unha cidade amable coas persoas baseada nunha mobilidade alternativa que permita ás veciñas e veciños deixar o coche na casa», e engadiu «neste proceso é preciso facilitarao máximo a accesibilidade a todas as persoas con problemas de mobilidade».
Rubén Arroxo afirmou que «é necesario continuar a traballar por un concello inclusivo, no que todas as persoas teñan unha vida o máis normal posible, independentemente das súas capacidades físicas», epuxo en valor o traballo executado pola Tenencia de Alcaldía no Goberno de Lugo. «Na planificación da cidade sempre temos en conta cuestións importantes para toda a veciñanza de Lugo, entre estas cuestións destacan a accesibilidade e a perspectiva de xénero para facer de Lugo un lugar amable e accesible», explicou Rubén Arroxo.
O Tenente Alcalde destacou a importancia de traballar pola accesibilidade en todos os eidos. Neste sentido, amosou o seu apoio á campaña que está a levar adiante COGAMI reclamando maior accesibilidade no transporte público interurbano. Segundo Rubén Arroxo, «todos os buses urbanos do Concello de Lugo contan con medidas para garantir a accesibilidade de todas as persoas, apoiamos a COGAMI na súa reclamación para que o transporte interurbano conte con vehículos que garantan a accesibilidade de todas as persoas con mobilidade reducida».
A través desta campaña COGAMI reclama a accesibilidade universal en infraestruturas e vehículos, incluíndo a dispoñibilidade de puntos de recarga para dispositivos médicos esenciais como os equipos de oxíxeno líquido, fundamentais para persoas con discapacidade orgánica que requiren apoio respiratorio. Baixo o lema “Teletransporte contra a discriminación”, esta campaña conta cunha reivindicación moi clara: “Ata que o teletransporte sexa viable, que polo menos os transportes habituais cumpran as leis de accesibilidade”.