O galego que arrasa coa súa verbena particular, sorprende agora sobre tacóns en Raíña-Me!
O programa máis novedoso de Televisión de Galicia, Raíña-me!, trouxo ao cantante Amoebo (1995, Ourense) da man de Alexa Evans na súa terceira entrega do programa. Un novo perfil, un novo reto e… unha nova estrela das pasarelas?
Amoebo entrou no Odragoiro de Raíña-Me! con moitas ganas de enfrontarse ao que lle deparase o programa, sen aínda saber que superaría todas as súas expectativas. Na súa entrevista ca presentadora, falou sobre o nacemento do seu nome artístico, a procura de montar verbenas nos seus shows e o seu último cambio de estilo no ámbito musical. Tras esto, tocaba poñerse mans á obra e meterse no seu novo papel de drag queen e pasar todas as probas de Alexa. Entre perrucas, bailes e risas, a Amoebo aínda tiña unha preocupación: “o único que me botaba para atrás eraquitar o bigote, pero vendo o resultado, foi moi por enriba das expectativas que tiña”.
A pesar de despedirse do seu bigote, marchou a casa con moi bo sabor e boca e recordando o seu momento estrella do programa: o baile final con Alexa. El recalca que a presentadora fixo un traballo espectacular, e que lle fixo moi feliz ver que ela quedaba satisfeita co resultado.
“(…) logo cando vin o programa en casa o único que pensaba era ‘deus! que curto! quero máis, quero máis, quero ver máis do que foi o proceso’ ”.
Ademáis de poder ver todos os episodios na plataforma AGalega, tamén están dispoñibles contidos extras para coñecer máis dxs convidadxs que pasan por Raíña-me! nas redes da produtora do formato, Brava, formada por un equipo de talento novo galego.
Amoebo, despois de pasar por Raíña-me! segue poñendo a bailar a toda Galicia, pasando por escenarios como o Atlantic Pride ou os Atardeceres no Gaiás. Este verán está sendo todo un éxito, puidendo desenvolver os espectáculos nos escenarios máis grandes que pisaron ata agora. El só pode describir este verán como “sorprendente”. Pero iso non é todo, xa que xa hai un novo álbum en marcha para principios de 2025, no cal está traballando para coidar cada detalle e mostrar a súa evolución artística e musical, e do cal poderemos escoitar un adianto a finais deste ano en forma de dous singles.